O Monumento á Virxe de Guadalupe é unha obra realizada entre 1929 e 1932 do escultor galego Francisco Asorey por encarga de Ángel Baltar Cortés, situada en Rianxo, nun pedestal no alto do cantil que hai perante o dique da praia de Tanxil.

Con este monumento, colocado en 1932, Ángel Baltar pretendía render unha homenaxe a Rianxo.

Descrición Esculpida en dúas pezas de granito por Francisco Asorey, presenta incrustacións de cerámica elaboradas por Cerámica Celta de Pontecesures, a escultura ten 3,2 metros de alto e pesa cerca de 3 toneladas. Feita por encarga do cirurxián Ángel Baltar Cortés, pola que pagou 8 000 pesetas, entregada en 1932 e erixida nun cantil fronte ó mar na praia de Tanxil, a carón do pazo de Baltar. O 15 de agosto de 1932 celebrouse a cerimonia de inauguración.

A estatua foi retirada do cantil polos descendentes de Ángel Baltar no ano 2005, por temor a posibles desprendementos no acantilado. Tras anos de negociacións o Concello de Rianxo conseguiu a súa cesión tras alcanzar un acordo cos descendentes de Ángel Baltar no ano 2025.

Os traballos de restauración foron realizados por Gonzalo Buceta Bruneti e valeron 17 000 euros, que foron sufragados pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Foi colocada novamente enriba do seu pedestal en setembro de 2026 na súa localización orixinal, tralos traballos de acondicionamento do cantil realizados por Costas. O 5 de setembro de 2026 celebrouse un acto público no dique da praia de Tanxil para conmemorar o acontecemento.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Escultura de Galicia Categoría:Rianxo Categoría:Estatuas Categoría:Monumentos de Galicia