Protosirenidae (protosirénidos) é unha primitiva familia extinta da orde Sirenia que viviu no Eoceno desde o Ypresiense ao Bartoniense.D. P. Domning, G. J. Heal, and S. Sorbi. 2017. Libysiren sickenbergi, gen. et sp. nov.: a new sirenian (Mammalia, Protosirenidae) from the middle Eocene of Libya. Journal of Vertebrate Paleontology 37(2):e1299158

Os protosirénidos pénsase que eran cuadrúpedes anfibios, o que significa que pasaban o seu tempo tanto en terra coma na auga e tiñan catro patas. Coñécense catro xéneros que vivían no subcontinete indio, Europa, África e Norteamérica.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dugongo Evolución dos sirenios Manatí

Ligazóns externas Protosiren en The Paleobiology Database.

Categoría:Sirenios Categoría:Eoceno Categoría:Fósiles