O Samsung Galaxy Note 8 é un teléfono intelixente baseado en Android. Foi presentado o 23 de agosto de 2017 e lanzado o 6 de setembro dese ano con Android Nougat 7.0 e a interface de usuario TouchWiz. É o sucesor do Galaxy Note 7.

Presenta unha pantalla AMOLED de 6,3 polgadas con resolución Quad HD (1440p). Tamén ten unha pantalla Infinity Display, similar á do Samsung Galaxy S8. Está alimentado por un procesador Exynos 8895 e unha batería de 3300 mAh cun porto de carga USB-C.

O sensor de impresión dixital está situado na parte traseira, xunto á cámara, e tamén inclúe un escáner de iris. Ten 6 GB de RAM. e está dispoñible en tres configuracións de almacenamento: 64, 128 e 256 GB. Ademais, a cámara traseira é moi semellante á do Galaxy S10.

É o primeiro teléfono de Samsung que conta cunha cámara dual, que ten 12,13 MP e conta con estabilización de imaxe.

Notes

Categoría:Samsung Galaxy