Enhydra é un xénero de mustélidos que contén a lontra mariña viva e outros dous parentes seus extinguidos. É o único xénero existente do grupo de lontras mariñas bunodontes, o que quere dicir londras mariñas con dente carniceiro sen folla cortante e con cúspides redondeadas.
Estas lontras mariñas probablemente diverxeron doutras lontras mariñas durante o Plioceno, hai aproximadamente 5 millóns de anos. Probablemente orixináronse do parente próximo Enhydritherium, unha lontra mariña bunodonte endémica de América do Norte durante o Mioceno tardío e o Plioceno temperán.
Enhydra reevei é a especie máis antiga coñecida do xénero e orixinouse no Atlántico, o que suxire que este puido ser o lugar de orixe das lontras mariñas. As evidencias fósiles indican que a liñaxe de Enhydra quedou illada no Pacífico Norte hai aproximadamente 2 millóns de anos, dando lugar á agora extinta Enhydra macrodonta e á lontra mariña moderna.
Notas
Categoría:Mustélidos