Ovidio Zapico González, nado en Llaviana en 1971, é un político asturiano. Coordinador xeral de Izquierda Xunida d'Asturies dende 2020 e conselleiro de Ordenación de Territorio, Urbanismo, Vivenda e Dereitos Cidadáns dende 2023. Traxectoria Propietario do albergue turístico Posada Cantu l'Osu - Albergue Soto d'Agues na localidade de Soto do concello de Sobrescobiu en pleno Parque Natural de Redes. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a lista de IU-Los Verdes en Sobrescobiu e resultou elixido concelleiro ao acceder por primeira volta a súa formación á corporación municipal. Nas eleccións municipais de 2015 volveu encabezar a lista de IU-IX e de novo a candidatura logrou un concelleiro. Igualmente presentouse na candidatura da formación nas eleccións á Xunta Xeral e acadou un escano. O 28 de novembro de 2017 renunciou ao posto de concelleiro para centrarse no seu labor como deputado. Líder de Izquierda Xunida d'Asturies miniatura|Ovidio Zapico cos outros integrantes do goberno de Asturias en 2023 Nas eleccións autonómicas de 2019 foi no número dous tras Ángela Vallina e eles foron os dous únicos deputados da formación en resultar elixidos. Sen oposición en febreiro de 2020 converteuse no novo coordinador xeral de Izquierda Xunida d'Asturies ao suceder a Ramón Argüelles.

Para as eleccións autonómicas de 2023 encabezou a candidatura de Convocatoria por Asturias, coalición integrada por Izquierda Xunida d'Asturies, Más País e Izquierda Asturiana. A candidatura obtivo tres escanos na Xunta Xeral, un máis que en 2019.

Convocatoria por Asturies apoiou a investidura de Adrián Barbón e incorporouse ao seu segundo goberno con Zapico como conselleiro de Ordenación do Territorio, Urbanismo, Vivenda e Dereitos Cidadáns.

En decembro de 2024 renovou o seu posto de coordinador xeral de Izquierda Xunida d'Asturies por unanimidade ao encabezar unha lista única onde se integraron todas as correntes da formación.

Posicións políticas Vivenda Como responsable da política de vivenda do Principado, impulsou un modelo baseado no aumento do parque público, no alugueiro accesible e na intervención pública nas zonas con dificultades de acceso á vivenda.

Manifestouse a prol da declaración de zonas tensionadas de vivenda, a mobilización do parque privado e o reforzo do parque público como instrumentos para facilitar o acceso a unha vivenda digna e alcanzablee defendeu a Lei de vivenda de Asturias, que incorpora a vivenda como dereito subxectivo, reforza o parque público e establece medidas contra da especulación.

Dereitos cidadáns e políticas sociais

Zapico defende unha orientación de políticas públicas centrada na protección dos dereitos sociais e na intervención das administracións para garantir o acceso aos servizos. Como conselleiro defende dende o seu departamento a extensión dos dereitos cidadáns como ferramenta indispensable para frear o avance da extrema dereitae promove de xeito activo políticas de igualdade e de protección de colectivos vulnerables, posicionándose en reiteradas ocasións en contra dos discursos tránsfobos e homófobos.

Memoria democrática Zapico está a favor de políticas públicas destinadas á recuperación da memoria democrática, á identificación das vítimas da represión franquista e á reparación das persoas afectadas pola ditadura.

Oficialidade das linguas de Asturias En maio de 2024 apoiou a apertura dunha negociación para reformar o Estatuto de Autonomía co obxectivo de establecer a oficialidade do asturiano. En xuño de 2025, logo da reforma estatutaria non lograr a maioría reforzada necesaria, afirmou que o proceso non rematara e defendeu continuar a avanzar cara á oficialidade tanto do asturiano coma do galego de Asturias, ao que se referiu como eonaviego. Tamén anunciou a intención de reformar a Lei de uso e promoción do bable/asturiano para reforzar o uso e o recoñecemento do asturiano.

Notas

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Llaviana Categoría:Conselleiros do Principado de Asturias Categoría:Políticos de IU Categoría:Concelleiros de Asturias Categoría:Deputados da Xunta Xeral do Principado de Asturias