miniatura|Honoré de Balzac, daguerrotipo realizado por Bisson, 1842. miniatura|George Eliot, bosquexo realizado por Frederick William Burton, 1864. O realismo literario é unha corrente literaria desenvolvida principalmente desde mediados do século XIX que procura representar de maneira verosímil a vida cotiá e as sociedades contemporáneas. Xurdido especialmente na literatura francesa, estendeuse durante a segunda metade do século XIX e comezos do século XX por outras literaturas europeas e americanas. Fronte á idealización e á exaltación do extraordinario propias de boa parte do romanticismo, os autores realistas prestaron especial atención aos ambientes sociais, aos costumes, á experiencia ordinaria e ao detalle concreto.
Historia Honoré de Balzac (1799–1850) foi unha figura fundamental na consolidación dun realismo de vocación sistemática: en La Comédie humaine procurou ofrecer un amplo retrato da sociedade francesa mediante a descrición minuciosa e a recorrencia de personaxes.
A crítica literaria adoita situar Gustave Flaubert, Fiódor Dostoievski, Lev Tolstoi e Ivan Turguénev entre as figuras culminantes do realismo europeo. A pesar das profundas diferenzas estilísticas entre eles, as súas obras comparten a procura da verosimilitude e a atención á sociedade, á experiencia cotiá e ao detalle concreto.
Na literatura alemá, o realismo do século XIX desenvolveuse baixo as denominacións de realismo poético ou realismo burgués, con figuras como Theodor Fontane, Gottfried Keller e Theodor Storm.
Entre os escritores realistas posteriores máis importantes atópanse Benito Pérez Galdós, Guy de Maupassant, Anton Chekhov, José Maria Eça de Queirós, Joaquim Maria Machado de Assis, Jan Neruda e Bolesław Prus, así como, nun sentido máis amplo, Émile Zola, cuxo naturalismo adoita considerarse unha derivación do realismo, e a galega Emilia Pardo Bazán, que desenvolveu a práctica totalidade da súa obra en castelán. Pardo Bazán foi unha das grandes introdutoras e teóricas do naturalismo en España con La cuestión palpitante (1883), e novelas como Los pazos de Ulloa e La madre naturaleza.
Na literatura inglesa destacaron Charles Dickens, George Eliot, autora de Middlemarch, e Thomas Hardy, autor de Jude o Escuro (1895). Nos Estados Unidos, William Dean Howells, autor de The Rise of Silas Lapham (1885), e Stephen Crane, autor de Maggie: A Girl of the Streets e «The Open Boat» e tamén próximo ao naturalismo, foron figuras destacadas do realismo estadounidense.
Na literatura en lingua galega, Xesús Rodríguez López cultivou unha narrativa de tendencia realista e costumista, centrada no mundo labrego e nas clases populares, e foi autor dunha das primeiras novelas monolingües en galego, A cruz de salgueiro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Baron, Christine, e Manfred Engel, eds. 2010. Realism/Anti-Realism in 20th-Century Literature. Rodopi. ISBN 9789042031159. Fernández, David. 2008. Literatura Universal. Barcinonae: Almadraba. ISBN 9788483087039. Ferrer Jordi, e Susana Cañuelo. 2002. Historia de la literatura universal. Barcinonae: Óptima. ISBN 849530032X. Kearns, Katherine. 1996. Nineteenth-Century Literary Realism: Through the Looking-Glass. Cantabrigiae: Cambridge University Press. ISBN 0521496063. McMurray, William J. 1967. The Literary Realism of William Dean Howells. Carbondale: Southern Illinois University Press. Picon, Gaëtan. 1958. Le roman et la prose lyrique au XIXe siècle. In Histoire des littératures, vol. 3. Encyclopédie de la Pléiade. Lutetiae: Gallimard. Smith, Mack. 1995. Literary Realism and the Ekphrastic Tradition. University Park: Pennsylvania State University Press. ISBN 027101329X. Villanueva, Darío. 1997. Theories of Literary Realism. Conv. Mihai I. Spariosu et Santiago García Castañón. Albaniae: State University of New York Press. ISBN 0791433277, ISBN 0791433285.
Outros artigos Charles Dickens Mimese Modernismo Realismo máxico Romanticismo
Ligazóns externas
Realismo na literatura estadounidense, www.wsu.edu (Movementos literarios) "Realismo vitoriano: ata que punto é real?" www.bbc.co.uk (BBC Radio 4, In Our Time )
Categoría:Século XIX