O Samsung Galaxy S24 FE é un teléfono intelixente Android de gama alta. Foi presentado o 26 de setembro de 2024 e lanzado o 3 de outubro dese mesmo ano, con Android 15 e a interface One UI 7.0 de Samsung.

O teléfono ten 8 GB de RAM e está dispoñible en tres configuracións de almacenamento: 128 GB, 256 GB e 512 GB. Tamén conta cun procesador Exynos 2400e, unha pantalla AMOLED de 6,7 polgadas cunha resolución de 340 x 1080 píxeles e unha frecuencia de actualización adaptativa de 120 Hz. Conta cun sistema de tres cámaras que consiste nunha cámara principal de 50 MP, unha cámara ultra gran angular de 12 MP e un teleobxectivo de 8 MP con zoom óptico de 3x e estabilización óptica de imaxe. Tamén admite a gravación de vídeo en 8K. A cámara frontal é de 10 MP.

Ten unha batería de 4700 mAh e admite carga rápida con cable de 25 W e carga sen fíos de 15 W. O sensor de impresión dixital está situado debaixo da pantalla. Ademais, este teléfono é compatible con Wi-Fi 6e e Bluetooth 5.3.

En canto ao software, estes teléfonos integran a intelixencia artificial xerativa Google Gemini, ademais de xa ter a súa propia intelixencia artificial, Galaxy AI, lanzada en xaneiro de 2024.

Notas

Categoría:Samsung Galaxy