Samsung Galaxy Note foi unha liña de teléfonos móbiles baseados en Android. O último da liña foi o Galaxy Note 20, lanzado o 21 de agosto de 2020.

Recibiu este nome porque o seu uso estaba fortemente centrado en tomar notas e escribir directamente na pantalla usando o S-Pen. Funcionaba, e aínda funciona, case como un caderno dixital ou unha axenda de enderezos. Ademais, os primeiros modelos da liña eran máis grandes que os teléfonos normais da marca, semellantes a tabletas, pero máis pequenos.

O primeiro Note foi o Galaxy Note, lanzado en outubro de 2011, e o derradeiro desa liña foi o Note 20, lanzado o 21 de agosto de 2020. Debido a que os Galaxy Note se asemellaban cada vez máis aos teléfonos da liña S (coa única diferenza no stylus), decidiron fusionalos coa liña S, lanzando así o primeiro S Ultra en 2021, o Samsung Galaxy S21 Ultra.

O Galaxy Note 7 sufriu un fallo que se produciu despois de que se descubrise un defecto de fabricación na batería que provocou que algunhas unidades se cargasen excesivamente e comezasen a arder ou estourar. Posteriormente, o 15 de setembro de 2016, Samsung anunciou unha retirada oficial dos Estados Unidos. Despois dese incidente, lanzaron unha nova versión que usaba baterías doutro provedor. Non obstante, cando se descubriu que estas unidades tamén estaban prendendo lume, Samsung decidiu retirar o produto permanentemente e cesar a produción por completo.

Samsung, despois do incidente anterior, lanzou o Galaxy Note 8 o 6 de setembro de 2017, e os usuarios volveron confiar na liña Note. miniatura|Logotipo do Samsung Galaxy Note FE Ademais, tamén houbo a liña Samsung Galaxy Note FE (Fan Edition).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Samsung Galaxy S Ultra

Categoría:Samsung Galaxy