Ferae (Feras, "bestas salvaxes") é unha mirordeA mirorde é unha categoría taxonómica usada para clasificar algúns clados. Unha mirorde está dentro dunha grandorde, e á súa vez comprende unha ou varias ordes. de mamíferos placentarios dentro da grandorde Ferungulata, que agrupa os clados Pan-Carnivora (que inclúe os carnívoros e os seus parentes fósiles, como os hienodontes) e Pholidotamorpha (pangolíns e os seus parentes fósiles).

Características xerais

Da mirorde Ferae As características comúns dos membros desta mirorde son:Floréal Solé & Thierry Smith (2013.) "Dispersals of placental carnivorous mammals (Carnivoramorpha, Oxyaenodonta & Hyaenodontida) near the Paleocene-Eocene boundary: a climatic and almost worldwide story" Geologica Belgica 16/4: 254–261 tenda do cerebelo osificada; fusión dos ósos escafoide e semilunar do pulso; rede de canles venosas diploicas na bóveda cranial.Guillaume Billet, Lionel Hautier, Timothy J. Gaudin, John J. Flynn, Irina Ruf, Sandrine Ladaveze, Cassandre Tornero, Nicole M. Wong, Philippe Gaubert (2025.) "Unlocking phylogenetic signal: A remarkable network of diploic veins in pangolin and carnivoran crania", in "The Society of Vertebrate Paleontology 85th annual meeting"

Do clado Pan-Carnivora Características comúns dos membros do clado Pan-Carnivora son: visión binocular; gadoupas afiadas; dentes heterodontes que son afiados e para cortar a carne; dentes caninos usualmene grandes, cónicos, bicudos, grosos e resistentes á tensión; presenza do dente carniceiro.

Os dentes carniceiros son unha característica que permite distinguir os Carnivoramorpha, Oxyaenodonta e Hyaenodonta doutros mamíferos placentarios carnívoros. Porén, estes mamíferos diferéncianse entre eles na posición dos dentes carniceiros e o número de molares. Os dentes carniceiros dos Carnivoramorpha están localizados en P4 e m1, en Oxyaenodonta están en M1 e m2, e en Hyaenodonta e parentes próximos están en M2 e m3. Isto parece ser un caso de posible converxencia evolutiva como adaptación a unha dieta similar.

Clasificación e filoxenia Grupos irmáns de Ferae Segundo estudos recentes, os parentes máis próximos de Ferae son membros do clado Pan-Euungulata (grupo que inclúe a mirorde Euungulata (Acceso adiantado; publicado en liña o 7 de setembro de 2011) e o xénero extinto Protungulatum). En conxunto forman a grandorde Ferungulata.

Unha filoxenia alternativa sostén que o parente máis próximo de Ferae é a orde Perissodactyla, coa cal forman o clado Zooamata. Xuntos, o clado Zooamata e a orde Chiroptera forman o clado Pegasoferae, e Pegasoferae é un taxon irmán da orde Artiodactyla dentro do clado Scrotifera. Porén, os estudos moleculares posteriores xeralmente non conseguiron apoios para esta proposta.

Posición dos pangolíns e creodontes dentro do clado Pensábase desde hai moito tempo que os pangolíns eran os parentes máis achegados dos oricteropódidos e xenartros, formando o agora obsoleto orde Edentata. As investigacións baseadas en técnicas de inmunodifusión e comparación de secuencias de proteínas e ADN revelaron as estreitas relacións entre os pangolíns e os carnívoros, cos cales tamén comparten unhas poucas características morfolóxicas e anatómicas derivadas pouco comúns, como a osificación da tenda do cerebelo a a fusión dos ósos escafoide e semilunar do pulso. O último antepasado común dos Ferae existentes suponse que se diversificou hai uns 79,47 millóns de anos.

Aínda que houbo un forte apoio á inclusión da orde Creodonta en Ferae, xeralmente foron recuperados como un taxon irmán da orde Carnivora. A análise filoxenética de Halliday et al. (2015) de centos de caracteres morfolóxicos de placentarios do Paleoceno atoparon, ao contrario, que os creodontes poderían ser o grupo irmán de Pholidotamorpha (pangolíns e os seus parentes troncais). Porén, estudos recentes mostraron que Creodonta é un taxon polifilético non válido. Os membros deste grupo son agora parte do clado Pan-Carnivora e taxon irmán de Carnivoramorpha (os carnívoros e os seus parentes troncais), divididos en dous gupos: orde Oxyaenodonta por unha parte e a orde Hyaenodonta e os seus parentes troncais por outra, xéneros SimidectesS. P. Zack and S. Tomiya (2016.) "New postcrania clarify the affinities of the unusual Eocene mammal Simidectes", in "The Society of Vertebrate Paleontology 76th annual meeting" e Altacreodus.Prevosti, F. J., & Forasiepi, A. M. (2018). "Introduction. Evolution of South American Mammalian Predators During the Cenozoic: Paleobiogeographic and Paleoenvironmental Contingencies"

Porén, nos anos recentes a monofilia dos carnivoramorfos foi posta en dúbida, e os Viverravidae considéranse basais do clado que contén os hienodontes, oxiénidos e carnívoros.

Taxonomía Clasificación anterior (McKenna & Bell, 1997): Clasificación actual: Grandorde: Ferae Orde: Carnivora (carnívoros) Orde: Cimolesta Suborde: Pholidota (pangolíns) Suborde: †Apatotheria Suborde: †Didelphodonta Suborde: †Ernanodonta Suborde: †Pantodonta Suborde: †Pantolesta Suborde: †Taeniodonta Suborde: †Tillodontia Familia: †Palaeoryctidae "Subfamilia:" †Wyolestinae Xénero: †Alostera Xénero: †Avitotherium Xénero: †Pararyctes Xénero: †Ravenictis Orde: †Creodonta (falsos carnívoros) Familia: †Hyaenodontidae Familia: †Oxyaenidae "Subfamilia:" †Koholiinae Xénero: †Prionogale Mirorde: Ferae Clado: Pan-Carnivora J. J. Flynn, A. R. Wyss and M. Wolsan (2020.) "Pan-Carnivora, new clade name" No libro: Phylonyms (pp.979–982) (carnívoros e animais similares a carnívoros) Clado: Carnivoramorpha (carnívoros e parentes troncais) [= Carnivora (sensu lato)] Orde: †Oxyaenodonta Familia: †Oxyaenidae (non clasificado): †Hyaenodonta [sensu lato] Orde: †Hyaenodonta [sensu stricto] Xénero: †Altacreodus Xénero: †Simidectes Clado: Pholidotamorpha (pangolíns e mamíferos similares a pangolíns) Orde: Pholidota (pangolíns) Orde: †Afredentata (formigueiros europeos) Orde: †Palaeanodonta (pangolíns troncais) Xénero: †Euromanis (?) Orde: †Pantolesta

Clasificación altenativa e posibles membros fósiles En Halliday et al. (2015) varios mamíferos euterios do Paleoceno enigmáticos propuxéronse como posibles membros de Ferae, como membros das ordes Mesonychia, Pantodonta e Taeniodonta e familias Arctocyonidae, Didelphodontidae, Nyctitheriidae, Palaeoryctidae, Periptychidae e Triisodontidae. Propúxose que os mesoniquios son un grupo irmán dos carnivoramorfos, mentres que os arctociónidos eran polifiléticos, cos xéneros Arctocyon e Loxolophus como taxons irmáns dos pantodontes e periptíquidos, Goniacodon e Eoconodon son irmáns do clado Carnivoramorpha-Mesonychia, e outros xéneros aliados cos creodontes e palaeoríctidos. Estes Ferae ampliados tamén serían un grupo irmán da orde Chiroptera, se ben estudos recentes discuten a corrección desta clasificación.Frank Zachos (2020.) "Mammalian Phylogenetics: A Short Overview of Recent Advances", No libro: "Mammals of Europe – Past, Present, and Future" (pp.31–48)Xue Lv, Jingyang Hu, Yiwen Hu, Yitian Li, Dongming Xu, Oliver A. Ryder, David M. Irwin, Li Yu (2021.) "Diverse phylogenomic datasets uncover a concordant scenario of laurasiatherian interordinal relationships", Molecular Phylogenetics and Evolution, Volume 157

Notas

Véxase tamén Outros artigos Taxonomía dos mamíferos Ferungulata

Categoría:Ferae