O Samsung Galaxy S24 Ultra é un teléfono intelixente baseado en Android. Foi presentado o 17 de xaneiro de 2024 e lanzouse con Android 14 e a capa de personalización One UI 6.1 de Samsung o mesmo día.
O teléfono ten 12 GB de RAM e está dispoñible en tres configuracións de almacenamento: 256 GB, 512 GB e 1 TB. Tamén conta cun procesador Exynos 2400, unha pantalla AMOLED de 6,8 polgadas cunha resolución de 3120 x 1440 píxeles e unha frecuencia de actualización adaptativa de 120 Hz, que tamén admite HDR10+.
O S24 Ultra ten catro cámaras traseiras, ademais dunha cámara frontal. A cámara frontal ten unha resolución de 200 MP e pode gravar vídeo 8K a 30 fps. Ademais, conta cunha cámara ultra gran angular de 12 MP, unha cámara teleobxectiva de 10 MP con zoom óptico de 3x e unha cámara teleobxectiva de 50 MP con zoom óptico de 5x. A cámara principal tamén conta cun zoom dixital de 100x. A cámara frontal ten unha resolución de 12 MP e admite enfoque automático. Tanto a cámara principal como as dúas cámaras teleobxectivas, así como a cámara frontal, contan con estabilización óptica da imaxe.
Ten unha batería de 5000 mAh e admite carga rápida con cable de 45 W e carga sen fíos de 15 W. O sensor de impresión dixital está situado debaixo da pantalla. Ademais, o teléfono, como todos os modelos Ultra anteriores, inclúe un lapis óptico S-Pen.
En canto ao software, estes teléfonos integran a intelixencia artificial xerativa Google Gemini, ademais de xa ter a súa propia intelixencia artificial, Galaxy AI, lanzada en xaneiro de 2024.
Notas
Categoría:Samsung Galaxy