As treboadas, ou Zés Pereiras, son agrupacións musicais propias do Baixo Miño galego e do Alto Minho portugués. A súa principal característica é o emprego dos bombos de treboada, uns bombos de grandes dimensións que se tocan a dúas mans.

Características esquerda|miniatura|A treboada antiga (gaita de barquín, bombo de mallada e tambor) do gaiteiro Benito Moure nunha romaría. miniatura|270x270px|Zés Pereira en Compostela (1922). As treboadas máis antigas das que se ten constancia estaban compostas por unha gaita de barquín, un tambor de grandes dimensións, e un bombo de treboadaFernández Santomé (2012). p.9. Estes antigos bombos son moi anteriores ao bombo moderno aparecido no século XIX da man das bandas de música, pois a súa presenza está documentada na zona desde o século XVI.Fernández Santomé (2012). pp.66-67 A aparición das bandas no panorama musical galego substituíu as treboadas nos bailes das festas, relegándoas a actuacións en alboradas, desfiles de xigantes e cabezudos ou marchas procesionaisFernández Santomé (2012). p.48

Desde comezos do século XX os grupos de treboadas foron substituíndo a gaita de barquín pola gaita de fol, mudando o tambor pola caixa, e incrementando o número de bombos, até chegar a cinco ou máis.Fernández Santomé (2012). p.34 No Baixo Miño era tradición que percorresen as parroquias o 15 de agosto, rematando o percorrido cunha xuntanza no cumio do monte Tegra, onde organizaban unha "treboada musical" cos bombos como protagonistas. Non se coñece o motivo ou orixe deste ritual, se ben é conservado aínda hoxe na forma dunha romaría laica, a festa do monte da Guarda.

No Alto Minho portugués, as treboadas son coñecidas como Zés Pereiras, en referencia ás Zés-P'reiras, o nome que recibían alí popularmente os bombos de grande tamaño. Desde a década de 1940, debido ás políticas fronteirizas do Estado Novo de Salazar e do réxime franquista, as formacións portuguesas evolucionaron dun xeito diferente ás galegas.Fernández Santomé (2012). p.70 Na beira portuguesa, as concertinas foron substituíndo as gaitas de foles nas labores melódicas, e os bombos gañando protagonismo, chegando a existiren hoxe Zés Pereiras que portan en exclusiva bombos e tambores.

Na actualidade, as permutas culturais facilitan o regreso dos grupos galegos e portugueses ás súas comúns orixesFernández Santomé (2012). p.56, sendo abundantes os eventos conxuntos das agrupacións de ambas beiras do Miño.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Treboada Baixo Miño - Rumba de Vergara - Luis Mariño Bouzada (2019). Youtube. Desfile festa do monte da Guarda - Chanfreiros (2009). Youtube.

Categoría:Tipos de agrupación musical Categoría:Música tradicional galega Categoría:Música de Galicia