The White Lotus é unha serie de televisión estadounidense de temática satírica e de comedia dramática creada, escrita e dirixida por Mike White. Estreouse en HBO o 11 de xullo de 2021.

A serie foi aprobada en outubro de 2020 e filmada en Hawai a finais dese mesmo ano. Os seis episodios da primeira tempada tratan sobre a vida dos empregados e os clientes dun complexo hoteleiro en Hawai durante unha semana. A serie recibiu moi boas críticas. En agosto de 2021 anunciouse que a serie foi renovada por unha segunda tempada, na que se centran nun grupo diferente de viaxeiros durante a súa estadía noutra propiedade de White Lotus. A acción da segunda tempada desenvólvese en Sicilia.

Sinopse The White Lotus relata as vacacións de varios clientes dun hotel ao longo dunha semana. A medida que pasan os días, vai agromando unha complexidade escura nos "a priori" perfectos viaxeiros, os alegres empregados do hotel e a "perfecta localización" do hotel no paraíso.

Elenco e personaxes Tempada 1 Principais Murray Bartlett como Armond, o xerente do complexo hoteleiro White Lotus que leva cinco anos sobrio. Connie Britton como Nicole Mossbacher, unha directora de finanzas dun buscador de Internet e a muller de Mark. Jennifer Coolidge como Tanya McQuoid, unha muller atormentada a quen lle morreu a nai recentemente. Alexandra Daddario como Rachel, unha xornalista de lúa de mel co seu marido Shane. Fred Hechinger como Quinn Mossbacher, o fillo "rariño" de Nicole e Mark. Jake Lacy como Shane Patton, un axente inmobiliario de lúa de mel con Rachel. Brittany O'Grady como Paula, a amiga de Olivia. Natasha Rothwell como Belinda, a xerente do spa. Sydney Sweeney como Olivia Mossbacher, a filla de Nicole e Mark. Steve Zahn como Mark Mossbacher, o marido de Nicole. Molly Shannon como Kitty, a nai de Shane.

Recorrentes Lukas Gage como Dillon, un empregado do White Lotus. Kekoa Scott Kekumano como Kai, un empregado do White Lotus co que Paula ten un frechazo. Alec Merlino como Hutch, un camareiro do White Lotus. Jon Gries como Greg, un cliente do White Lotus que ten un frechazo con Tanya. Jolene Purdy como Lani, unha empregada nova do White Lotus.

Tempada 2 Principais F. Murray Abraham como Bert Di Grasso, pai de Dominic. Jennifer Coolidge como Tanya McQuoid-Hunt, que continúa co personaxe da primeira tempada. Adam DiMarco como Albie Di Grasso, fillo de Dominic. Meghann Fahy como Daphne Sullivan, muller de Cameron. Beatrice Grannò como Mia, moza local e amiga de Lucia Jon Gries como Greg Hunt, marido de Tanya. Tom Hollander como Quentin, un británico que viaxa cos seus amigos e o seu sobriño. Sabrina Impacciatore como Valentina, encargada do White Lotus Michael Imperioli como Dominic Di Grasso, produtor de Hollywood que viaxa co seu pai Bert e co seu fillo Albie. Theo James como Cameron Sullivan, marido de Daphne. Aubrey Plaza como Harper Spiller, muller de Ethan. Haley Lu Richardson como Portia, asistente de Tanya. Will Sharpe como Ethan Spiller, marido de Harper. Simona Tabasco como Lucia, prostituta. Leo Woodall como Jack, hóspede no White Lotus.

Recorrentes Federico Ferrante como Rocco, empregado no White Lotus. Eleonora Romandini como Isabella, recepcionista no White Lotus. Federico Scribiani como Giuseppe, pianisto no White Lotus. Laura Dern (voz) como Abby, a muller de Dominic.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión da HBO Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América