Bion 7, tamén coñecido como Kosmos 1667, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 10 de xullo de 1985 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.
Características Bion 7 foi o sétimo satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 222 km de perixeo, 297 km de apoxeo e 82,3 graos de inclinación orbital, cun período de 89 minutos.
Bion 7 levaba experimentos a bordo deseñados por científicos de nove países, entre eles dous macacos Rhesus para o estudo do sistema vestibular e o fluxo de sangue, así como o efecto das radiacións; dez ratas macho e dez tritóns, que foron usados para estuda-la velocidade de recuperación de feridas no espazo. Usouse un calorímetro para medi-lo intercambio de enerxía no paso da fase de ninfas a moscas de 1500 Drosophila melanogaster que tamén ían a bordo. Ademais, con Bion 7 voaron sementes de millo, azafrán e peixes Guppy nun acuario.
A cápsula regresou o 17 de xuño de 1985, tras uns 7 días de voo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Bion Bion 1 Bion 2 Bion 3 Bion 4 Bion 5 Bion 6 Bion 8 Bion 9 Bion 10 Bion 11
Categoría:Bion