Yáolán fán shì (en ) é un filme dramático de 2024 coproducido por Malaisia e Hong Kong, escrito e dirixido por Chong Keat Aun, e protagonizado por Fish Liew, Natalie Hsu, Ben Yuen e Pearlly Chua.

Foi escollido como candidato de Malaisia para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Na sociedade multicultural de Malaisia, a existencia dun centro de entrega de bebés segue a ser un tabú do que apenas se fala, tachado de facilitador da decadencia moral e de algo castigado por Deus. Tres empregadas comprometidas dun destes centros en Kuala Lumpur ábrense camiño a través dunha forte oposición social para empoderar mulleres de diversas procedencias que se enfrontan á complexa noción da autonomía corporal.

Personaxes Fish Liew como Lai Sum Natalie Hsu como Siew Man Ben Yuen como Keong Pearlly Chua como Kam Yuan Teng como Ming Jasmine Suraya como Nurul Tan Mei Ling como Fatimah Mia Sabrina Mahadir como bailarina principal

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Malaisia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes en lingua malaia Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Malaisia Categoría:Filmes de Hong Kong