Vimbio é unha banda galega de rap metal formada no ano 2024 por Alex Arnoso. Traxectoria O proxecto naceu en 2024 tras a disolución do grupo de música urbana SonDaRúa. A banda xorde coa idea de fusionar as métricas e líricas do rap coa contundencia do metal e o rock. A pesar da súa curta traxectoria, o proxecto evolucionou rapidamente dende o concepto inicial de fusión do rap con metal, cara á exploración de novas sonoridades, estilos e texturas musicais máis amplas.
Vimbio deu a coñecer o seu primeiro traballo no ano 2024, co lanzamento do sinxelo "Insisto".
Durante o ano 2025 a banda publicou varios temas, entre os que destaca "Eu non quero traballar", así como as colaboracións "Troula" (con Nadie González), e "Crise" (con Hugo Guezeta). Ese mesmo ano, a formación foi recoñecida en varios certames musicais galegos, resultando finalista no concurso Conxemar Fest e acadando o terceiro premio na edición de 2025 do Premio Narf de música, organizado pola Deputación da Coruña.
En 2026 publicaron o seu primeiro álbum de estudio, titulado Comeza o xogo, cuxa presentación en directo incluíu actuacións en salas e festivais coma o Festival Millo Verde ou o Festival de la Luz.
Membros
Alex Arnoso - voz, guitarra, produción Jacobo Castro - Baixo, coros David Pérez - Guitarra Brais Lorenzo - Batería
Discografía
Álbums de estudio
Comeza o xogo (LP, 2026)
Sinxelos
"Insisto" (2024) "Mayday" (2024) "Bombas Incendiarias" (2024) "Eu non quero traballar" (2025) "Troula" feat. Nadie Gonzalez (2025) "Crise" feat. Hugo Guezeta (2025)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
"Insisto" en YouTube
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de rap metal Categoría:Grupos musicais formados en 2024