Manuel Blanco Villar, nado en Lalín o 7 de abril de 1956, é un xubilado de banca, promotor cultural e escritor galego.
Traxectoria Estudou no IES Ramón María Aller de Lalín. Xubilouse tras 43 anos de vida profesional na banca (30 como director de oficina).
É o fundador e xerente do Museo Etnográfico Casa do Patrón, un museo etnográfico e restaurante de Doade.
Colabora activamente na revista Nós, a Xente do Redor, que tamén foi presentada na Casa do Patrón.
Desde o Museo da Casa do Patrón promove:
Acoller o voluntariado do campo «Tradición en verde» da Xunta de Galicia. En 2026 celebrou a XXVII Malla Tradicional de Lalín, en Codeseda, Doade, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. En 2026 é a XVIII Recreación do Proceso do Liño na que, os asistentes poden coñecer as diferentes etapas deste proceso artesanal, nunha actividade que está acompañada pola tradicional Ruada da Fía. No Nadal de 2025 foi a sétima edición da Aldea no Nadal do Camiño, na aldea restaurada de Codeseda.
Obras
A Casa do Patrón: o gran ecomuseo do mundo rural galego (2017). Ourense: A Formiga Rabicha. 201 páxs. ISBN 978-84-936432-1-8. As andrómenas e outros contos (2018). Con Avelino Jácome Iglesias. Editorial A Formiga Rabicha. 208 páxs. ISBN 978-8493643263. Con láminas pictóricas de Miguel Ángel Martínez Coello. Bilingüe en galego e castelán. Son 32 relatos da intrahistoria galega no drama da emigración galega de posguerra. O segredo do Castro de Doade (2018). Ourense: A Formiga Rabicha. Unha cita coa historia: 20 anos de malla tradicional en Doade (2020) Ourense: A formiga Rabicha. 192 páxs. ISBN 978-84-121985-0-8. Manual Lingüístico e didáctico do obradoiro do liño (2021). Ourense: A formiga Rabicha. 65 páxs. Malla Tradicional de Doade (Lalín). Festa de Interese Turístico de Galicia (2024). Ourense: A Formiga Rabicha. 210 páxs. ISBN 978-84-121985-9-1. Casa do Patrón, do mito á memoria viva (2026). Ourense: A Formiga Rabicha. 417 páxs. ISBN 979-13-992647-0-8. Aborda a traxectoria e os contidos do museo, así como o seu impacto no territorio. O longo camiño de caseiro a patrón (2026). Ourense: A Formiga Rabicha. 208 páxs. ISBN 979-13-992647-1-5. Presenta unha crónica autoetnográfica centrada no esforzo persoal e nas transformacións experimentadas polo mundo rural.
Notas
Categoría:Nados en Lalín Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1975 Categoría:Empresarios de Galicia