O Samsung Galaxy S22 Ultra é un teléfono intelixente de gama alta deseñado, desenvolvido, fabricado e comercializado por Samsung Electronics como parte da súa serie Galaxy S Ultra. Foi presentado o 25 de febreiro de 2022 e lanzado máis tarde ese mesmo ano con Android 12.

Inclúe unha pantalla Dynamic AMOLED de 6,5 polgadas con Gorilla Glass, un procesador Exynos 2200 e unha batería de 5000 mAh. Tamén ten 128 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno. As opcións de conectividade inclúen 5G, Wi-Fi 6E, Bluetooth 5.2 e NFC.

Este é o primeiro da liña S en incluír un S-Pen integrado, unha característica vista por primeira vez na serie Galaxy Note. Conta cunha latencia mínima de 2,8 ms e conta cun sistema de coordinación preditiva impulsado por Intelixencia artificial. Tamén admite xestos de Air Action.

Problemas Algunhas unidades co procesador Exynos presentan un fallo na pantalla que produce escintileos e columnas verticais de pixeles, este problema ocorre cando a pantalla ten configuración WQHD e modo natural, e corrixiuse posteriormente cunha actualización de software.

Notas

Categoría:Samsung Galaxy