Santiago Mina Vallespín, nado en Urrea de Gaén o 11 de marzo de 1958, é un exfutbolista aragonés que xogaba na posición de defensa central.

Traxectoria en clubs Barcelona En 1976 Mina comezou a súa carreira profesional co Barcelona Atlétic da Segunda División. Posteriormente foi cedido en dúas ocasións. Entre 1979 e 1980 formou parte do Algeciras CF, coincidindo co seu servizo militar na cidade andaluza. Na tempada 1980/81 foi cedido ao CE Sabadell FC.

Celta de Vigo Mina comezou a xogar no Celta de Vigo no ano 1981. Na tempada 1981/82 contribuíu a alcanzar o ascenso á Primeira División. O seu debut na máxima categoría tivo lugar o 5 de setembro de 1982, cando foi titular nunha derrota por 1-0 contra o Sevilla FC.

Lorca Deportiva Entre 1984 e 1985, na súa última tempada como deportista profesional, Mina xogou no Lorca Deportiva CF da Segunda División. O 14 de outubro de 1984 recibiu a única expulsión da súa carreira, un cartón vermello directo nunha derrota por 6-0 perante a UD Salamanca. Finalizada a tempada 1984/85, na que se produciu o descenso do Lorca, Mina retirouse do fútbol profesional á idade de 27 anos.

Traxectoria internacional Mina foi internacional unha única vez coa selección de fútbol sub-21 de España. O 26 de outubro de 1977 participou nun partido contra Romanía en Bucarest, no marco da fase de clasificación da Eurocopa de Fútbol Sub-21 de 1978. Nese encontro provocou un penalti que finalmente foi fallado e tamén anotou un autogol para unha derrota final por 4-0.

Vida persoal O fillo de Mina, tamén chamado Santiago, é futbolista e estivo igualmente vencellado ao Celta de Vigo.

Palmarés Celta Segunda División: 1981/82

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Santiago Mina Perfil do xogador en CE Sabadell Història

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados na provincia de Teruel Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Algeciras CF Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Lorca Deportiva CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21