O Exército de Liberación Popular Saharauí é o exército nacional da autodenominada República Árabe Saharauí Democrática e foi tamén o brazo armado do Fronte Polisario antes da formación da República.

O seu comandante xefe era o secretario xeral dos Polisarios, agora o exército está integrado no goberno da RASD a través do seu ministerio de defensa.

Tanto a RASD coma o Fronte Polisario carecen de forza aérea ou marítima.

Estímase que o ELPS está formado por uns 20.000 ou 30.000 soldados activos, aínda que durante os anos de guerra a cifra chegou ata 100.000.

Categoría:Nacionalismo saharauí