Enrique Jesús Salas Valiente, coñecido como Kike Salas, nado en Morón de la Frontera o 23 de abril de 2002, é un futbolista español que xoga de defensa central no Sevilla, da Primeira División.
Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Sevilla, club no que ingresou aos 11 anos. Tras pasar polo filial, debutou co primeiro equipo na Primeira División o 10 de setembro de 2022, saíndo como titular nunha vitoria por 2-3 contra o Espanyol. O 31 de xaneiro seguinte estendeu de contrato co Sevilla ata 2026 e foi cedido ao Tenerife, da Segunda División.
Ao seu regreso comezou a xogar con máis asiduidade no primeiro equipo, ao que foi finalmente ascendido o 31 de xaneiro de 2024, asignándoselle o dorsal número 2.
Notas
Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do CD Tenerife