Xeneralista ou especialista son termos utilizados para referirse a dous modos de utilización dos recursos polas especies de seres vivos. Unha especie xeneralista pode prosperar en diversas condicións ambientais e pode utilizar diversos recursos naturais (por exemplo, un heterótrofo cunha dieta variada). Ao contrario, unha especie especialista pode prosperar só nun estreito rango de condicións ambientais ou ten unha dieta limitada. Porén, a maioría dos organismos non entran de forma nítida nun destes dous grupos. Algunhas especies están moi especializadas (o caso máis extremo é a monofaxia ou comer só un tipo específico de alimento), outras están menos especializadas e algunhas poden tolerar moitos ambienes diferentes. Por tanto, hai un continuo desde as especies máis especializadas ás máis xeneralistas.

Descrición

miniatura|Xeneralistas como os mapaches poden adaptarse ás vecesa ambientes urbanos e outras áreas modificadas polos humanos, converténdose en exemplos de vida silvestre urbana.

Os omnívoros son xeralmente xeneralistas. Os herbívoros a miúdo son especialistas, pero os que comen unha variedade de plantas son xeneralistas. Un exemplo de animal especialista monófago é o coala, que subsiste comendo exclusivamene follas de eucaliptos. O mapache é un xeneralista, ten unha área de distribución natural que comprende a maior parte de América do Nore e Central con hábitats diversos, e é omnívoro, comento bagas, insectos como bolboretas, ovos e varios pequenos animais.

Entre os insectos, algunhas abellas e lepidópteros (bolboretas e avelaíñas), son especies especialistas. Por exemplo, estímase que a metade das abellas nativas dos Estados Unidos son especialistas de certos tipos de pole, o que significa que só recollen o pole de certos xéneros concretos de plantas. Por exemplo, a ameazada bolboreta monarca pon ovos exclusivamente en especies de Asclepias, que as súas larvas comen. Esa dependencia subliña o papel fundamental das plantas nativas no soporte das cadeas tróficas.

A distinción entre xeneralistas e especialistas non está limitada aos animais. Por exemplo, algunhas plantas necesitan un estreito rango de temperaturas, condicións do solo e precipitacións para sobrevivir, mentres que outras poden tolerar unha gama de condicións máis ampla. Un cacto pode considerarse unha especie especialista. Vive ben en climas áridos, pero morre durante os invernos duros en latitudes altas ou se recibe demasiada auga.

As especies que se alimentan de forma especialista, como moitos insectívoros e fruxívoros teñen maiores áreas de vida que xeneralistas como algúns folívoros (comedores de follas). Cando a fonte de alimenos dunha especie é menos abundante, cómprelle unha área maior para buscar alimento. Un exemplo descrito por Tim Clutton-Brock é o colobo branco e negro (Colobus), un folívoro xeneralista, que necesita unha área vital de só 15 ha. Ao contrario, o máis especializado colobo vermello (Piliocolobus) ten unha área vital de 70 ha, que necesita para atopar brotes, flores e froitas máis espallados no teritorio.

Cando as condicións ambientais cambian, os xeneralistas teñen máis capacidade de adaptarse, pero os especialistas poden chegar a extinguirse moito máis doadamente.Townsend, C.; Begon, M.; Harper, J. (2003) Essentials of Ecology (2ª edición) p.54-55 Blackwell, Por exemplo, se unha especie de peixe vai extinguirse, un parasito especialista en parasitar ese peixe tamén se enfronta á extinción (coextinción). Por outra parte, unha especie cun nicho ecolóxico altamente especializado é moi efectiva á hora de sobrevivir sempre que as condicións non cambien. Por exemplo, un peixe e os seus parasitos están nunha carreira de armamentos evolutiva, unha forma de coevolución, na cal o peixe está constantemente a desenvolver defensas contra o parasito, mentres que no parasito á súa vez evolucionan adaptacións para resisir as defensas específicas do seu hóspede. Isto tende a levar á especiación de especies máis espcializadas con tal de que as condicións permanezan relativamene estables. Isto supón unha partición de nicho a medida que se foman novas especies, e increméntase a biodiversidade.

Un beneficio que ten unha especie especialista é que como a especie ten un nicho ecolóxico máis claramene definido, isto reduce a competición con outras especies. Por outra parte, as especies xeneralistas, pola súa natureza, non poden obter tantos recursos dun nicho, senón que encontran recursos en moitos. Como outras especies poden tamén ser xeneralistas, hai máis competición entre especies, reducindo a cantidade de recursos para todos os xerneralistas dun ecosistema. Os insectos herbívoros especialistas poden ter diferenzas morfolóxicas comparados cos xeneralistas que lles permitan ser máis eficientes ao alimentrse ou capaces de comer unha planta que os xeneralistas toleran menos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Distribución cosmopolita Endemismo Paisaxe de fitness

Categoría:Ecoloxía