O modelo dos cinco grandes (en inglés, "Big Five personality traits") é a taxonomía ou clasificación máis aceptada, validada e utilizada na psicoloxía da personalidade contemporánea para describir a estrutura do comportamento e a psique humana. Este modelo teórico propón que a personalidade de calquera individuo se pode sintetizar e medir a partir das chamadas cinco grandes dimensións ou trazos fundamentais, que son fundamentais entre si e son relativamente estables durante toda a vida adulta.
Estes cinco factores adoitan lembrarse no eido academico mediante os acrónimos mnémicos "OCEAN" polas súas siglas en inglés;
"Openness to experience" ou Apertura á experiencia: Grao de curiosidade intelectual, creativa e preferencia pola novidade. "Conscientiousness" ou Escrupulosidade: A tendencia a autodisciplina, organización, control dos impulsos e orientación cara ao logro. "Extraversion" ou Extraversión: A busca da estimulación social, alta enerxía, asertividade e tendencia a experimentar emocións positivas. "Agreeableness" ou Amabilidade: A disposición a ser empático, cooperativo, confiado e altruísta cos demais. "Neuroticism" ou Neuroticismo: A tendencia a experimentar con facilidade emocións negativas como ansiedade , depresión, ira ou vulnerabilidade ao estrés.
A diferenza das teorías psicolóxicas tradicionais que clasificaban os individuos en "tipos" ríxidos e pechados, o modelo dos cinco grandes opera mediante un enfoque de trazos continuos. Isto significa que cada persoa non pertence a unha categoría exclusiva, senón que se sitúa nun punto determinado dun espectro (dun polo baixo a un polo alto) en cada unha das dimensións.
O modelo xurdiu a partir do chamado "enfoque léxico" que sostén que as características da personalidade máis importantes para a sociedade acaban quedando rexistradas na linguaxe cotiá. Tras décadas de análises estatísticas e factoriais aplicadas a mikes de adxectivos e cuestionarios, investigadores como Lewis Goldberg, Paul Costa e Robert McCrae demostraron a solidez feste sistema. Na actualidade, é a ferramenta estándar en numerosos campos, incluíndo a psicoloxía clínica, os recursos humanos (selección de persoal) e a investigación sociolóxica, debido á súa alta replicabilidade transcultural e á súa base científica cualitativa.
Os cinco grandes
Apertura a experiencia: reflicte o grao de curiosidade intelectual, creatividade e preferencia pola novidade e a variedade artística dunha persoa. En puntuacións altas os individuos son imaxinativos con intereses artísticos, dispostos a romper coa rutina, emocionalmente expresivos e cun pensamiento abstracto e pouco convencional. En puntuacións baixas son persoas máis pragmáticas, tradicionais, que prefiren o familiar antes que o novo e que amosan maior resistencia aos cambios. Escrupulosidade: describe a capacidade de control dos impulsos, a organización, a autodisciplina e a orientación cara ao logro e as metas. En puntuacións altas son persoas organizadas, fiables, puntuais, meticulosas, que planifican as súas tarefas con antelación e teñen unha forte motivación polo éxito académico ou laboral. En puntuacións baixas os individuos son máis espontáneos, desorganizados, informais e que poden actuar de maneira máis impulsiva ou descoidada. Extraversión: mide a intensidade das interaccións sociais, o nivel de actividade dunha persoa e a súa tendencia a buscar compañía de outros. Con puntuacións altas son persoas sociables, faladoras, asertivas, enérxicas, que disfrutan sendo o centro de atención e que se cargan de enerxía ao interactuar con outras persoas. Con puntuacións baixas (Introversión) son individuos reservados ,quietos, independentes, que prefiren contornas tranquilas e que precisan momentos de soidade para recargar as súas enerxías. Amabilidade: refírese á calidade das relación interpersoais e ao grao de empatía, compaixón e cooperación cos demais. En puntuacións altas son persoas altruistas, confiadas, solidarias, honestas, que evitan o conflito directo e teñen unha forte disposición a axudar. Con puntuacións baixas son individuos competitivos, escépticos, egocéntricos, que poden chegar a ser manipuladores ou mostrar actitudes antagonistas e desconfiadas. Neuroticismo: avalía a tendencia a experimentar emocións negativas e a vulnerabilidade psicolóxica ante situacións de estrés. En puntuacións altas son persoas propensas a padecer ansiedade, depresión, irritabilidade, cambios de humor frecuentes e que tenden as situacións cotiás coma amenazantes. En puntuación baixas son individuos calmados emocionalmente estables que xestionan ben as crises, teñen unha alta tolerancia a frustración e non se alteran con facilidade ante os problemas.
Historia e desenvolvemento O desenvolvemento do modelo dos cinco grandes estendeuse ao longo de case un século, combinando a hipótese léxica co uso de ferramentas estatísticas avanzadas como a análise factorial.
● A hipótese léxica
A orixe do modelo atópase na "hipótese léxica", unha idea que sostén que as características da personalidade humana que son máis importantes, relevantes ou útiles para unha sociedade acaban sendo codificadas na linguaxe cotiá a través de palabras e adxectivos específicos.
Os pioneiros neste enfoque foron Francis Galton en 1884 e, máis tarde, os psicólogos Gordon Allport e Henry Odbert en 1936. Estes últimos realizaron un traballo monumental ao extraer do dicionario de lingua inglesa un total de 17953 palabras da lingua inglesa que describían o comportamento ou a personalidade humana.
● Redución de factores e análise factorial.
Dado que unha lista de case dezaoito mil palabras era inimaxinable para a a investigación científica, os psicólogos buscaron formas de agrupar os termos sinónimos:
Raymond Cattel (década de 1940): Utilizou os novos ordenadores de época e a técnica estatística da análise factorial para reducir a lista de Allport a 16 factores de personalidade, creando o famoso test 16PF. Warren Norman e Lewis Goldberg (décadas de 1960 e 1980): Descubriron que o modelo de Cattell era excesivamente complexo e que os datos estatísticos podíanse resumir con moita máis precisión en só cinco grandes factores independentes. Foi Goldberg quen acuñou o termo " Big Five" en 1981.
● O modelo NEO-PI de Costa e McCrae
O impulso definitivo que converteu este modelo no estándar da psicoloxía moderna chegou da man dos investigadores Paul Costa e Robert McCrae. Na década de 1980 desenvolveron un cuestionario de avaliación psicolóxica chamado NEO-PI (e a súa posterior revisión, o NEO-PI-R).
A diferenza dos estudos puramente léxicos baseados en adxectivos, Costa e McCrae demostraron que os cinco grandes factores tamén aparecían ao analizar frases completas e preguntas sobre o comportamento real das persoas. Ademais, demostraron a validez transcultural do modelo, probando que estes cinco trazos aparecen por igual en culturas de todo o planeta e que son altamente estables despois de 30 anos.
Bases biolóxicas e herdanza O modelo non é simplemente unha descrición da conduta, senón que posúe un forte compoñente biolóxico e evolutivo. Os estudos en xenética da conduta, especialmente aqueles realizados con xemelgos idénticos e fraternos criados por separado, demostraron que a personalidade humana ten unha base hereditaria moi significativa. Estímase que a herdabilidade global das cinco dimensións sitúase entre o 40% e o 50%, o que significa que case a metade das diferenzas de personalidade entre individuos débense a factores xenéticos.
A investigación en neurociencia e neuroimaxe tamén atopou correlacións claras entre o volume de certas estruturas cerebrais, os circuítos de neurotransmisores e as puntuacións no modelo:
Neuroticismo e o sistema de alerta; As persoas con puntuacións altas en neuroticismo amosan unha maior reactividade na amígdala cerebral e no sistema límbico ante estímulos negativos ou estresantes. Isto tradúcese nunha resposta de "loita ou fuxida" máis sensible e persistente. Está vinculado a fluctuacións nos sistemas de serotonina e noradrenalina. Extraversión e o sistema de recompensa: A extraversión está directamente relacionada coas vías da dopamina no cerebro, especificamenre no sistema de recompensa mesolímbico. Os individuos extravertidos presentan unha maior sensibilidade biolóxica ás recompensas sociais e ambientais, o que os impulsa a buscar estímulos, novidades e interaccións sociais para obter pracer. Responsabilidade e a cortiza prefrontal: A responsabilidade e a autodisciplina correlacionan positivamente co volume e a actividade da cortiza prefrontal lateral, a rexión do cerebro encargada das funcións executivas, a planificación a longo prazo, o control dos impulsos e a memoria de traballo. Amabilidade e a teoría da mente: As persoas moi amables amosan maior activación nas áreas cerebrais implicadas no procesamento social e na empatía, como a cortiza cingulada posterior e a unión temporoparietal, estruturas esenciais para poñerse no lugar do outro (teoría da mente).
Diferenzas demográficas e evolución coa idade
Cambios ao longo do ciclo vital Malia que o modelo defende unha forte estabilidade na persoa adulta, as investigacións lonxitudinais demostraron que os trazos non permanecen estáticos, senón que sofren un proceso de "maduración psicolóxica" gradual ao longo da vida.
Ao analizar o comportamento dende a adolescencia ata a vellez, a psicoloxía do desenvolvemento observa as seguintes tendencias de forma constante:
Aumento de responsabilidade e amabilidade: A medida que as persoas asumen roles adultos (primeiro traballo, vivir en parella, ter fillos), tenden a volverse moito máis responsables, organizadas, empáticas e cooperativas. Este incremento é especialmente visible entre os 20 e os 40 anos. Diminución do neuroticismo: A inestabilidade emocional e a ansiedade tenden a alcanzar o seu punto máximo na adolescencia e na mocidade temperá, para logo diminuír progresivamente na idade adulta e estabilizarse na madurez, grazas ao desenvolvemento de mellores estratexias de afrontamento. Redución da Extraversión e Apertura á experiencia: A busca de riscos, e necesidade de estimulación social constante e a curiosidade cara a cambios radicais adoitan experimentar un lixeiro e constante descenso co paso das décadas, dando paso a unha preferencia polo ambiente familiar e a estabilidade.
Diferenzas de xénero Estudos demográficos masivos realizados en máis de 50 culturas diferentes revelaron a existencia de diferenzas estatísticas pequenas pero moi consistentes entre homes e mulleres no test dos cinco grandes.
Mulleres: Tenden a puntuar significativamente máis alto en neuroticismo (especialmente en facetas coma ansiedade, a vulnerabilidafe ao estrés e a sensibilidade emocional) e en amabilidade (particularmente en empatía, altruísmo e tenrura). Tamén amosan puntuacións algo máis elevadas nalgunhas facetas de extraversión (como a calidez e a sociabilidade). Homes: Adoitan obter puntuacións máis altas en determinadas facetas específicas da extraversión coma a asertividade, a dominancia social e a procura de emocións fortes, así como en certos compoñentes prácticos da apertura a experiencia. Un dato curioso que reflicten os estudos transculturais é o chamado " paradoxo de xénero"; As diferenzas de personalidade entre homes e mulleres son máis pronunciadas e evidentes nas sociedades máis desenvolvidas, igualitarias e demócratas (como os países escandinavos), probablemente porque as persoas teñen máis liberdade para expresas os seus trazos individuais sen a presión de roles tradicionais ríxidos.
Críticas, limitacións e modelos alternativos A pesar de ser o modelo hexemónico e o máis empregado na investigación contemporánea, o sistema dos cinco grandes recibiu importantes críticas dende diversas correntes da psicoloxía.
Críticas metodolóxicas e teóricas