Iván Azón Monzón, nado en Zaragoza o 24 de decembro de 2002, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Getafe da Primeira División, cedido polo Como italiano.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Amistad e do Real Zaragoza, con cuxo equipo xuvenil chegou a disputar a Liga Xuvenil da UEFA.

Debutou co filial do Zaragoza o 18 de xullo de 2020, na promoción de ascenso á Segunda División B contra o Tarazona. O 8 de novembro do mesmo ano xogou por primeira vez co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo a Gabriel Fernández no descanso nunha derrota por 0-1 ante o Tenerife.

O 3 de febreiro de 2025 asinou co Como da Serie A de Italia. Para a tempada 2025/26 foi cedido ao Ipswich Town e na seguinte campaña saíu ao Getafe, tamén a préstamo.

Notas

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Calcio Como 1907 Categoría:Xogadores do Ipswich Town FC Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21