dereita|miniatura|283x283px|O xugo e frechas son o símbolo utilizado polo falanxismo O nacionalsindicalismo ou falanxismo é unha ideoloxía fascista inspirada, segundo o jonsismo (que creou o termo), no sindicalismo revolucionario de Georges Sorel e adaptada ás particularidades da España de principios do século XX.Ledesma Ramos foi o primeiro intelectual que definiu un fascismo español relativamente claro e preciso. Payne, p. 135. De carácter antiparlamentario e contrario aos partidos políticos, «Todos os españois participarán nel a través da súa función familiar, municipal e sindical. Ninguén participará a través dos partidos políticos. Abolirase implacabelmente o sistema dos partidos políticos con todas as súas consecuencias: sufraxio inorgánico, representación por bandos en loita e Parlamento do tipo coñecido». Punto 6 de FE de las JONS. Obras (del Río 1974), p. 340.En La conquista del Estado subliñaba que o individuo «morreu» e que a súa meta era un «Estado colectivista». Payne 1997, p.141.«Os partidos políticos nacen o día en que se perde o sentido de que existe sobre os homes unha verdade». Discurso fundacional de Falange Española de las JONS. F.E, 8 de marzo de 1934. Obras (del Río 1974), p. 191. defende inicialmente un corporativismo baseado na idea do «Estado sindical», é dicir, totalitario,O cuarto número de La conquista del Estado saía coa proclama: «Viva a Italia fascista! Viva a Rusia soviética! Viva a Alemaña de Hitler! Viva a España que faremos! Abaixo as democracias burguesas e parlamentarias!» Payne, p. 138. e adopta unha idea de sindicalismo autoxestionado aglutinador de empresarios e traballadores ao servizo da nación. Defínese anticapitalista e antimarxista e destaca polo seu afán de unificar os conceptos de patria e xustiza social. Defende o catolicismo non como relixión oficial, senón como elemento característico e imprescindíbel para comprender a historia de España,Ledesma e Onésimo Redondo daban un papel á relixión católica que consideraban como a encarnación da tradición «racial» dos españois. Thomas, p. 135. contemplando a vía revolucionaria para alcanzar os seus obxectivos políticos.No número 3 de La conquista del Estado insistiu na intención do grupo de «impor violentamente a súa política». Payne, p. 138. Por iso se fala de levar a cabo a Revolución Nacional-Sindicalista.

Traxectoria A súa orixe ten lugar no ámbito das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS), unha organización fascista formada pola unión do grupo reunido en torno ao semanario La conquista del Estado (reflexo do seu homónimo italiano La conquista dello Stato, editado polo fascista Curzio Malaparte). Está liderado por Ramiro Ledesma e as Juntas Castellanas de Actuación Hispánica de Onésimo Redondo. Tras a fusión das JONS coa Falange Española de José Antonio Primo de Rivera, a doutrina é asumida polo novo partido.

Durante a ditadura de Francisco Franco o nacionalsindicalismo comeza sendo a cara visíbel do novo Estado. Porén, foi relegado aos poucos en prol do conservadorismo tecnocrático propugnado polas xerarquías franquistas, por mor da morte dos fundadores de Falange na guerra e da disolución da organización, por parte de Franco, co Decreto de Unificación de abril de 1937. Comezou a perder peso na política nacional desde que algúns antigos falanxistas integrados no partido único (FET y de las JONS) foron substituídos nos seus cargos por ministros vinculados ao Opus Dei e de clara ideoloxía liberal-conservadora, que deron paso a políticas aperturistas (como a entrada de España na ONU en 1955 ou a visita de Dwight D. Eisenhower en 1959). En 1967, coa Lei Orgánica do Estado, o papel de partido único pasou a ser realizado polo Movimiento Nacional. Tras a morte de Franco en novembro de 1975 e a legalización dos partidos políticos, Falange Española de las JONS reorganizouse para levar a cabo as ideas promulgadas pola formación orixinaria. Porén, o seu nome ficou vinculado ao franquismo, dada a utilización que realizou este da súa simboloxía.

Doutrina esquerda|miniatura|220x220px|Bandeira do nacionalsindicalismo, inspirada nas cores tradicionais do anarcosindicalismo A súa doutrina baséase nunha concepción totalitaria que aspira ao estabelecemento dunha democracia participativa e directa. Para iso cómpre realizar antes un labor de educación e revolución moral que capacite o pobo para o seu éxito. Contraria ao capitalismo liberal, defende o que os seus teóricos denominan un «Estado sindical» no que non hai cabida para os partidos políticos. Afirma superar así a tradicional división de correntes ideolóxicas entre esquerdas (comunista, socialista ou socialdemócrata) e dereitas (conservadora ou liberal).

A xénese deste movemento atópase ao principio da década de 1930, período en que o fascismo se estende por diversos países de Europa. As súas bases ideolóxicas comezan a asentarse un mes antes de proclamarse a Segunda República española coa aparición do semanario La conquista del Estado. Os seus fundadores son un grupo liderado por Ramiro Ledesma, admiradores do réxime fascista de Benito Mussolini en Italia, que vían nesa ideoloxía o medio para implantar un Estado totalitario en España. Ledesma lanzou a idea dun Estado sindicalista e totalitario de marcado carácter nacionalista.O que Ledesma lograra, aínda que debilmente, foi lanzar a idea dun nacionalsindicalismo revolucionario ligado á ditadura estatal e cun nacionalismo extremo. Payne 1997, p. 142. Para alcanzar os seus fins contemplábase o exercicio da violencia.

Outra característica do movemento era o seu exacerbado rexeitamento do comunismo.

O compoñente sindical A estas características do nacionalsindicalismo engádese o soporte ideolóxico para conseguir estes fins: o sindicalismo. As JONS escolleron para a súa bandeira as mesmas cores da CNT, sindicato anarquista de clase, maioritario naquela época e totalmente enfrontado ideoloxicamente ao nacionalsindicalismo. Unha vez eliminado o Parlamento e prohibidos os partidos, o Estado sería vertebrado por un sindicato corporativista, o municipio e a familia. Deste xeito pretendíase acabar coa loita de clases. miniatura|256x256px|José Antonio Primo de Rivera, fundador de Falange Española en 1933 e un dos arquitectos do nacionalsindicalismo Proclama un nacionalismo radical e extremista. O seu fundador, José Antonio Primo de Rivera, falaba así do seu país: «España é unha unidade de destino no universal». Consideraba que a unidade de España non se xustificaba por unha lingua ou raza común, senón que o seu destino era o de unir linguas, pobos e razas universalmente; considerando os nacionalismos periféricos como «o individualismo dos pobos».

Canto á relixión, o proxecto defínese como católico e non clerical. Defendía a separación Igrexa-Estado, posibilitando os apoios que as institucións católicas precisasen.

No plano económico, o nacionalsindicalismo propón un sistema totalitario que englobe todos os axentes da produción, traballadores e patróns por igual, nunha única estrutura sindical corporativista, dividida en ramas. Propón, así mesmo, a nacionalización da banca e a dos grandes servizos públicos, pondo a propiedade privada ao servizo dos intereses nacionais.

As JONS e, posteriormente, FE de las JONS, foron as primeiras organizacións españolas que se declararon nacionalsindicalistas. Crearon un sindicato estudantil, o Sindicato Español Universitario (SEU), que logrou unha presenza nacional, e tentaron implantar, sen éxito, un sindicato de traballadores, a Central Obreira Nacional-Sindicalista (CONS).

O falanxismo dentro do réxime franquista O segundo Xefe Nacional de Falange Española, Manuel Hedilla, opúxose á fusión forzosa de FE-JONS co tradicionalismo. Negouse a unirse ao consello do novo partido e tentou mobilizar os seus seguidores. Foi arrestado o 25 de abril de 1937, acusado de conspirar contra Franco e condenado á morte. Con todo, a súa sentenza foi conmutada por cadea perpetua por consello de Pilar Primo de Rivera e de Ramón Serrano Suñer, cuñado de Franco. Durante o réxime, Franco quixo servirse do nacionalsindicalismo como soporte ideolóxico. Rodeouse dalgúns dirixentes leais que antes pertenceran á clausurada Falange Española de las JONS e quixeron continuar a súa política no novo Estado franquista. Porén, o resultado (un Sindicato Vertical ao que obrigatoriamente debían pertencer todos os traballadores e empresarios e o desenvolvemento da chamada «democracia orgánica» no canto da «democracia participativa» que propugnara o falanxismo) deixou claro que o sistema só tería daquela organización un nome parecido e os símbolos, apropiados tras a morte dos seus fundadores polo proclamado xefe do Estado.Segundo manifestaba en 1965 o político Manuel Fraga, fundador de Alianza Popular (máis tarde Partido Popular) e presidente da Xunta de Galicia, «o pensamento nacionalsindicalista foi unha das grandes achegas de Falange Española ao ideario nacional». José Antonio Primo de Rivera formulou estas bases da idea nacionalsindicalista:Manuel Fraga Iribarne, Estructura Política de España, Editorial Doncel, p. 167-168

Para o desenvolvemento desta doutrina, en 1938 creouse o Ministerio de Organización e Acción Sindical. O seu titular foi o falanxista Pedro González-Bueno y Bocos.En 1939 a Secretaría Xeral do Movimiento asume estas funcións a través da Delegación Nacional de Sindicatos, con independencia do Ministerio de Traballo de España creado baixo o goberno de Eduardo Dato, por Real Decreto de 8 de maio de 1920. Este ministerio tiña por obxecto levar a cabo a política social do Estado:

En 1940, coa promulgación das leis de Unidade Sindical e de Bases da Organización Sindical, comezou a súa andaina a Organización Sindical. Inicialmente conseguiuse a creación da estrutura necesaria para lograr a eficiencia da actuación sindical. Porén, a oposición ao proxecto foi moi forte e as circunstancias provocaron o cesamento do ministro. Foi consecuencia das discrepancias xurdidas no seo do Consello Nacional do Movimiento e a alarma en sectores interesados en que o sindicato non integrase patróns, técnicos e obreiros. Non era para menos, xa que a nova lexislación atribuía aos sindicatos tanto a representación e disciplina de todos os produtores como a ordenación económica e social da produción.

Ese mesmo ano, por orde gubernativa, as JONS foron disoltas e integradas na Organización Sindical Española.

O 29 de outubro de 1969, coa formación do duodécimo goberno da ditadura franquista, a Delegación Nacional de Sindicatos adquiriu autonomía respecto da Secretaría Xeral do Movimiento e pasou a depender dun ministro sen carteira: Enrique García-Ramal.

Participación institucional A representación sindical correspondía a un terzo dos concellos e un terzo das Cortes Españolas.

O total de cargos sindicais electivos era duns 300 000. Deles, 200 000 correspondían ao ámbito local, 88 000 ao provincial e 12 000 ao nacional.

Despois do franquismo Apoiado e seguido por grupos falanxistas, o nacionalsindicalismo está presente nalgunhas centrais sindicais con escasa ou nula representación entre os traballadores. As principais son a Unión Nacional de Trabajadores (UNT), sindicato vinculado a FE-JONS ou o sindicato Trabajadores Nacional-Sindicalistas (TNS), vinculado a La Falange. Noutros países, principalmente en Hispanoamérica, tamén existen e existiron grupos moi minoritarios que se declaran nacionalsindicalistas ou que se adhiren ao seu ideario político xeral. Entre eles sobresaen a Unión Nacional Sinarquista en México, o Movimiento Revolucionario Nacional Sindicalista (MRNS) de Chile, o Movimiento Nacionalista Tacuara en Arxentina ou mesmo unha delegación de FE-JONS en Buenos Aires.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Falange Española Falange Española de las JONS Patriotismo Sindicalismo Fascismo Corporativismo ONR-Falanga

Categoría:Sindicalismo Categoría:Falanxismo Categoría:Historia de España do século XX Categoría:Franquismo