Macaón foi un personaxe da mitoloxía grega, médico de sona entre os guerreiros do exército grego, fillo de Asclepio (deus da medicina) e de EpíoneGrimal, s. v. Macaón. Engade que outras fontes dan outros nomes para designar a nai de Macaón. ou Corónide (ou Coronis), amante de Apolo, de quen concibiría a Asclepio.Grimal, s. v. Corónide; Hixino: Fábulas 97, 6.

Estaba casado con Anticlea, filla de Diocles de Faras (de Mesenia), e tiñan dous fillos, NicómacoSegundo Dióxenes Laercio, este Nicómaco foi o pai do filósofo Aristóteles (Vidas, opiniones y sentencias de los filósofos más ilustres, s. III). e Górgaso. Pausanias menciona outros fillos, sen especificar quen fora a nai: Alexánor, Esfiro e Polemócrates, que eran venerados polas súas capacidades sanadoras.

Guerra de Troia Foi un dos aspirantes á man de Helena, como o seu irmán Podalirio."Os reis de Grecia acudiron a Esparta para casar con Helena. Os pretendentes eran os seguintes: ... Podalirio e Macaón, fillos de Asclepio..." (Pseudo-Apolodoro III, 10, 8). Tamén os menciona Hixino (Fábulas 81). Seguindo o consello de Odiseo, o pai de Helena, Tindáreo, Realmente, o pai de Helena foi o propio Zeus, pero Tindáreo era o home de Leda e figura como pai humano de Helena. esixiu ós pretendentes xuramento de respectar a decisión da filla e defender en caso necesario a aquel que resultara elixido. Por este motivo, Macaón e Podalirio acudiron ó chamamento de Agamenón cando Helena foi raptada por París, e participaron con trinta navíos na frota que partiu contra Troia."A estes conducíannos os dous fillos de Asclepio, os excelentes sanadores Podalirio e Macaón, cos que ían aliñadas trinta ocas naves" (Homero: Ilíada II, 732). Hixino reduce esta cifra a 29 naves."Macaón, fillo de Asclepio e de Corónide, de Trica, 20 naves. O seu irmán Podalirio, 9 naves" (Hixino: Fábulas 97, 6).

Macaón aprendera medicina do seu pai, e pronto foi eximido da batalla para dedicarse, xunto ó seu irmán, á curar os feridos, tarefa na que adquiriu notable prestixio. Ámbolos dous estaban considerados demasiado valiosos para arriscar a súa vida na loita, e suponse que Macaón era máis cirurxián e Podalirio máis médico."Un guerreiro sanador non ten prezo en comparación co resto cando se trata de extraer frechas e aplicar suaves ungüentos" (Ilíada XI, 514). Robert Graves recolle a tradición de que foi Podalirio quen recoñeceu a loucura de Áiax o Grande -que terminaría suicidándose- no brillo dos seus ollos.

Entre as curacións que relata Homero cómpre citar a de Menelao, que resultou ferido no ombreiro por unha frecha do troiano Pándaro.A deusa Atenea, que actuaba a favor dos gregos, desviou a frecha cara un punto non vital (Ilíada IV, 129). Nesta ocasión, Agamenón ordena ó heraldo Taltibio que vaia buscar a Macaón:

Outra sonada curación foi a de Filoctetes. Este participaba na primeira expedición contra Troia pero, cando pararon na illa de Lemnos, foi mordido por unha cobra. A ferida infectouse e provocaba dores tan fortes que os compañeiros -parece que inducidos por Odiseo-, fartos das seus queixas e do cheiro que emanaba da ferida, abandonárono na illa, onde sobreviviu durante dez anos. Pero o adiviño troiano Héleno, prosioneiro dos gregos, profetizou que para conquistar Troia era precisa a participación de Filoctetes (e o arco que lle dera Heracles ó morrer), polo que regresaron a Lemnos para buscalo. Filoctetes aceptou e xa en Troia foi curado por Asclepio, segundo unhas fontes, ou polos seus fillos, segundo outras, grazas a unhas herbas que o centauro Quirón lle dera a Asclepio; Pseudo-Apolodoro di que quen o curou foi Podalirio, e non menciona a Macaón nin ó pai."Odiseo, en compaña de Diomedes, ... persúadeo a embarcar cara Troia. El, curado á súa chegada por Podalirio, alcanza coas súas frechas a Alejandro [Paris] (Pseudo-Apolodoro: Epítome V, 8).

Sófocles relata o mito de Filoctetes nunha traxedia homónima, estreada no 409 a. C. Nun primeiro momento (versos 1329ss) di que Neoptólemo (fillo de Aquiles) trata de convencelo co argumento de que "encontrándote cos dous fillos de Asclepio, que están connosco, cures desta doenza", pero máis adiante (versos 1438ss), Heracles dille que "Pola miña parte, enviarei a Asclepio a Troia para que te cure da túa doenza".

O propio Macaón resultará ferido noutro momento da guerra, e tamén no ombreiro, por unha frecha disparada por Paris, e tivo que ser retirado ata o campamento grego por Néstor.Homero: Ilíada XI, 508ss.

Morte A tradición máis estendida di que morreu a mans de Eurípilo (fillo de Télefo),"Eurípilo demostrou ser un combatente resolto e matou ó cirurxián Macaón" (Robert Graves, px. 747). pero outros mitógrafos din que foi morto pola amazona Pentesilea.Robert Graves, px. 730. "Pentesilea... comezada a batalla dá morte a moitos, entre eles a Macaón, pero logo morre a mans de Aquiles" (Pseudo-Apolodoro: Epítome V, 1). Néstor recollerá as súas cinsas e levounas a Pilos, no Peloponeso, onde se levantou un templo no seu honor, ó que acoden os enfermos pedindo curación e no que se levanta unha estatua de bronce do heroe.

Non obstante, na Eneida de Virxilio, Eneas cítao entre os guerreiros gregos que entraron en Troia dentro do cabalo de madeira:

E tamén Hixino o inclúe entre os aqueos que ían no cabalo."Por consello de Minerva, Epeo fixo un cabalo de madeira de extraordinarias dimensións. Dentro del reuníronse Menelao, Ulises... Macaón..." (Hixino: Fábulas 108).

Cómpre advertir que a batalla na que Eurípilo matara a Macaón tivo lugar na primeira expedición dos gregos contra Troia. Tralo sonoso fracaso en Misia, pasaron oito anos nos que Agamenón reorganizou o exército grego para unha segunda expedición, e outros dez anos de loita en Troia. É dicir, a suposta morte de Macaón sería moi anterior ó saqueo de Troia: dezaoito anos separan a morte de Macaón do momento en que lle sitúa no Cabalo de Troia. Estas discrepancias son moi frecuentes entre os diferentes autores que recollen episodios e personaxes mitolóxicos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Imaxes no proxecto Warburg -> Machaon [consultado o 14.09.2026]

Categoría:Homes na mitoloxía grega