Moca (en ) é unha cidade portuaria na costa do Iemen, no mar Vermello. Até o século XIX, cando foi eclipsada por Aden e al-Hudaydah, Moca foi o principal porto da capital iemenita de Saná. Moi coñecida polo comercio do café, deulle nome ao café de moca.

Introdución O mercado de Moca destacou polo comercio de numerosos produtos, entre os que destaca o gran do café (Coffea arabica), entre os séculos XVI e XIX. Porén, o café non se cultivaba na propia Moca, senón que era levado alí dende Etiopía e o interior do Iemen para o seu transporte en barco. Malia o achado doutras variedades de café, os grans de moca continuaron a ser prezados polo seu sabor distintivo, incluso na actualidade. Este legado permanece presente no nome de bebidas coma o mocha latte ou na cafeteira moka. En Alemaña, o café turco tradicional é coñecido coma Mokka. alt=Fábricas europeas en moca contra finais do século XVII|miniatura|Fábricas europeas en moca contra finais do século XVII Segundo o misioneiro xesuíta portugués Jerónimo Lobo, que navegou polo mar Vermello en 1625, Moca "tiña anteriormente unha reputación e un comercio limitados". Non obstante, "dende o ascenso ao poder dos turcos en Arabia, converteuse na principal cidade da rexión baixo dominio turco, malia non ser a residencia do pasha, que se atopa a dous días de camiño cara ao interior, na cidade de Saná". Esta relevancia debeuse á lei otomá, que obrigaba a todas as naves que entraban no mar Vermello a parar en Moca para pagar os impostos sobre os seus cargamentos.

O padroeiro de Moca é Alí bin Omar al-Shadhili.

Notas

Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata Categoría:Iemen