Tania Solla Fernández, nada en Friburgo (Suíza) o 27 de febreiro de 1988, é unha ilustradora suíza-galega. Formouse na E.A.S.D. Antonio Faílde (Ourense).
Traxectoria
Filla de pais galegos, naceu e criouse na Suíza, veu para a Galiza aos 22 anos e reside en Pontevedra.
Ilustrou a colección 'Mulleres Galegas' de Polo Correo do Vento, cos que tamén traballa de contacontos polos colexios e colaborou na creación dun mural en Raxó coas figuras de cinco galegas exemplares de todos os tempos. Con Rei Zentolo, Polo Correo do Vento e Rebeca Cierto creou en Pontevedra (na esquina das rúas Joaquín Costa e Poza dos Canos) un mural de 30 m: 22 mulleres destacadas da historia de Pontevedra. Co apoio de Quique Mauricio, de Polo Correo do Vento, en 2026 deseñou un circuíto-área de xogos na Parda (Pontevedra) que propón unha visión feminista da arte.
Tamén é ilustradora na prensa, e con Rodrigo Cota ilustrou Lugares con encanto. Ademais traballa pola súa conta na ilustración.
Obras ilustradas
Unha casiña branca na Mariña. Pequena biografía de Filomena Dato (2020). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-3-4. De Valdeorras a México. Terra a nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán (2021). Lela Edicións. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-6-5. A cabalo dunha pomba. Pequena biografía de Manuel Lueiro Rey (2021). Lela Edicións. ISBN 978-84-121263-4-1. Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego (2022). 31 páxs. ISBN 978-84-121263-9-6. Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta (2023). Lela Edicións. 31 páxs. ISBN 978-84-12623505. Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira (2023). Lela Edicións. O poeta da terra. Pequena Biografía de Enrique Labarta Posse (2024). Lela Edicións. ISBN 9788412623512. Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas (2025). Lela Edicións. ISBN 978-84-126235-2-9. Begoña Caamaño. Pequena Biografía (2026). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 9788412623543.
Notas
Categoría:Nados no cantón de Friburgo Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Nados en 1988