Christian Joel Sánchez Leal, coñecido simplemente como Christian Joel, nado na Habana o 9 de xullo de 1999, é un futbolista cubano que xoga na posición de porteiro. O seu equipo actual é o Sporting de Gijón da Segunda División.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores de dous equipos de Langreu, o San Esteban CF de Ciaño e o Alcázar CF de Sama. Posteriormente xogou no Club Deportivo Roces e con 12 anos ingresou na estrutura de base do Sporting de Gijón. O 20 de agosto de 2017 debutou co Sporting B nun partido de Segunda División B contra o Gernika Club. Renovou o seu contrato co club asturiano en 2018 até o ano 2021.

Tras xogar unha tempada como suplente de Dani Martín, o 8 de xuño de 2019 tivo lugar a súa estrea no fútbol profesional, sendo titular nun encontro de Segunda División contra o Cádiz Club de Fútbol. O 27 de agosto de 2021, Christian Joel estendeu o seu contrato co club xixonés até 2026 e foi cedido ao AEK Larnaca da Primeira División de Chipre.

O 19 de agosto de 2022 comezou unha nova cesión no Celta de Vigo B da Primeira Federación. Foi titular do filial celeste e foi nomeado suplente de Iván Villar tras a lesión de Diego Alves; con todo, non chegou a debutar no primeiro equipo. En xuño de 2023 finalizou o seu contrato temporal co Celta e regresou ao Sporting.

Vida persoal É fillo de pai cubano e nai francesa. Con cinco anos de idade trasladouse de Cuba a Asturias. O pai, Lorenzo Joel Sánchez, foi porteiro no FC Pinar del Río e xogou na Selección de fútbol de Cuba.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Christian Joel en BDFutbol Christian Joel en LaPreferente.com Christian Joel en Soccerway

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Futbolistas de Cuba Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do AEK Larnaca Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Nados na Habana