O concepto de lingua minoritaria é un termo da sociolingüística tradicional para referirse a linguas que presentaban distintos graos de precariedade.

Concepto segundo CELRM En base á Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, unha lingua minoritaria ou rexional refírese a linguas que son: Usadas tradicionalmente nun territorio ou Estado determinado polos nativos de tal Estado, quen forman un grupo numericamente menor ao resto da poboación de tal Estado e distinta da lingua(s) oficial dese Estado

Lingua minoritaria e lingua minorizada Cómpre distinguir entre lingua minoritaria e lingua minorizada. Así, na actualidade é común o uso do concepto lingua minorizada aplicado a aqueles códigos lingüísticos que, compartindo un espazo con outro ou outros, non chegan a desenvolver todos os rexistros e usos que lle son propios, mentres que o temo de lingua minoritaria se emprega unicamente para referirse a estatísticas de poboación.

Unha lingua será minoritaria entre unha poboación determinada cando os seus falantes representan unha pequena porción, pero pode ser maioritaria con outra perspectiva xeográfica. Así, o galego é maioritario, por exemplo, no concello de Baños de Molgas, pero é minoritario en Europa ou o turco é maioritario en Turquía pero minoritario en Alemaña. E de igual maneira falamos de dinamarqués ou galego como linguas minoritarios a escala global, pero soamente falamos de lingua galega como lingua minorizada, pois o dinamarqués está plenamente integrado nos usos e rexitros cotiáns, cousa que non sucede coa lingua propia de Galiza.

Véxase tamén Outros artigos Lingua minorizada Diglosia

Ligazóns externas Revista internacional sobre linguas minoritarias Linguas en perigo de extinción

Categoría:Sociolingüística