Shen Congwen (chinés tradicional: 沈從文; chinés simplificado: 沈从文; pinyin: Shěn Cóngwén; Wade-Giles: Shen3 Ts'ung2-wen2), pseudónimo de Shen Yuehuan, nado en Fenghuang (Hunan) o 28 de decembro de 1902 e finado en Beijing o 10 de maio de 1988, foi un novelista do século XX, considerado un dos grandes escritores modernos da China. A diferenza doutros literatos da súa época, destacou por introducir elementos da cultura e da identidade rexionais. Na súa linguaxe, combinou o estilo vernáculo coas técnicas de escritura do chinés clásico. A súa obra máis coñecida é Biancheng 邊城 ("A cidade fronteiriza", 1934), que narra a historia de amor da neta dun vello barqueiro.

Foi considerado para o premio Nobel de Literatura de 1988, mais faleceu antes de poder recibilo.

Traxectoria Primeiros anos Shen Yuehuan naceu o 28 de decembro de 1902 na vila de Fenghuang (entón coñecida como Zhen'gan), no oeste da provincia de Hunan. Cara ao final da súa adolescencia, decidiu tomar o nome de Shen Congwen. Foi o cuarto dos nove fillos de Shen Zongsi, das etnias han e miao, e Huang Suying, do pobo tujia. O seu avó paterno, Shen Hongfu, foi un heroe local e xeneral condecorado, nomeado comandante en xefe da provincia de Guizhou aos 25 anos de idade. Grazas á fama e fortuna do avó, Shen Congwen viviu nunha situación acomodada. Tras a fundación da República da China en 1912, o seu pai tentou ser elixido membro da asemblea provincial; porén, tivo que fuxir a Mongolia Interior tras o intento de asasinato do presidente Yuan Shikai (1859-1916). Shen Congwen mantivo en segredo a etnia dos seus pais até a década de 1980.

Debido á ausencia do pai, a familia comezou a ter problemas económicos. A meirande parte das súas terras foron vendidas e, en 1917, tras graduarse da escola primaria, o escritor tivo que abandonar o fogar. Uniuse á milicia local como reservista, para logo integrarse no rexemento de Yuanling (naquela época, Chenzhou), onde traballou como oficinista.

Educación Moitos escritores chineses da época tiñan unha educación esmerada, e algúns deles chegaron a estudar no estranxeiro, a miúdo no Xapón. Pola contra, Shen Congwen recibiu unha educación formal modesta. Durante a súa infancia, tivo un titor particular na súa casa e despois ingresou nunha escola familiar privada. Porén, foi unha educación anticuada no estilo erudito clásico, que Shen adoito criticou como inútil e pouco interesante. En 1915, principiou a primaria na escola de Fenghuang, de onde se graduou en 1917.

De neno, non lle gustaba a escola. Na súa autobiografía, afirmou que acostumaba a faltar a clase. Segundo Shen, esta experiencia conformou a base da súa posterior vida emocional e profesional:

Esta visión da educación persoal é basilar na imaxe de Shen Congwen. Mo Yan, no seu discurso de aceptación do premio Nobel de Literatura de 2012, comparouse con Shen: "Deixei a escola cando era cativo, pasei moita fame, estaba sempre só, e carecía de libros para ler. Mais por estas razóns, como Shen Congwen, comecei dende novo a ler no gran libro da vida".

En 1923, logo de cinco anos de servizo na milicia de Hunan, Shen mudouse a Beijing para realizar os estudos superiores. Porén, tras suspender os exames de acceso, decidiu estudar pola súa conta mentres asistía como oínte a clase na Universidade de Beijing.

En 1949, apareceron no campus da universidade grandes pósteres que o criticaban por non apoiar a causa comunista. Sufrindo unha grave depresión e o ostracismo social, intentou suicidarse cortando as veas e a gorxa cunha folla de afeitar.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Biancheng Escola de Beijing

Ligazóns externas

Obras de Shen Congwen traducidas en España

Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en 1902 Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores en lingua chinesa