A Universidade de Lisboa (ULisboa) é unha universidade pública portuguesa, con sede na Alameda da Universidade, en Alvalade, Lisboa, con varios centros distribuídos por toda a cidade e os municipios limítrofes de Loures, Oeiras e Cascais.
Historia
Do século XIII ao XX A súa historia comeza no ano 1290, cando unha bula papal recoñece a súa existencia baixo o nome de Estudo Xeral de Lisboa. Este Estudo Xeral en 1308 trasladouse a Coímbra dando orixe á Universidade de Coímbra. A universidade foi trasladada diversas veces de Coímbra a Lisboa e viceversa, até que 1537 fica definitivamente en Coímbra, e non se abre unha nova facultade en Lisboa até finais do século XIX (de Medicina e Cirurxía).
Desde 1911 ( Véxase artigo principal: Universidade de Lisboa (1911-2013) )
A actual Universidade de Lisboa, a maior universidade do país en número de estudantes, e en orzamento, resultou da fusión da antiga Universidade de Lisboa,Frequentemente identificada como «Universidade Clássica de Lisboa». creada por decreto do 22 de marzo de 1911,Cf. Decreto de 22 de março de 1911, publicado no Diário do Governo de 24 de março de 1911. Ver tamén o Decreto de 19 de abril de 1911, publicado no Diário do Governo de 22 de abril de 1911, que cria as faculdades primitivas da nova universidade. coa Universidade Técnica de Lisboa, creada por decreto do 2 de decembro de 1930,Cf. Decreto n.º 19 081, de 2 de dezembro de 1930. incluíndo tamén o Estadio Universitario de Lisboa (até entón unha estrutura directamente dependente do Ministerio de Educación e Ciencia).
Actualidade A fusión foi aprobada polo Decreto-Lei no 266-E/2012, do 31 de decembro de 2012,Decreto-Lei n.º 266-E/2012, de 31 de dezembro de 2012 e levouse a cabo coa toma de posesión do seu primeiro reitor, António Cruz Serra, o 25 de xullo de 2013.
Na edición de 2017 da clasificación de Shanghai, a institución situouse no rango 151-200, sendo a universidade portuguesa mellor situada nesa clasificación.
Na actualidade conta con 3 513 docentes, 47 884 alumnos e 3 494 funcionarios técnico-administrativos.Universidade de Lisboa. Factos e Números.
Está afiliada ao Grupo Compostela e a UNICA (Institutional Network of the Universities from the Capitals of Europe).
Ten como lema a máxima latina ad lucem (cara á luz). O seu reitor actual é António Nóvoa.
O reitorado e as facultades, coa excepción da facultade de Belas Artes, encóntranse preto do Chiado, na Cidade Universitária de Lisboa, o maior campus universitario do país, que comparte co ISCTE (Instituto Universitario de Lisboa).
Estudantes e profesores notábeis A maioría dos nomes da lista corresponden á antiga Universidade de Lisboa (1911-2013)
Premio Nobel António Egas Moniz
Poetas e escritores José Cardoso Pires Adília Lopes David Mourão-Ferreira Fernando Pessoa Florbela Espanca Gastão Cruz José Rodrigues Miguéis Lídia Jorge Pepetela Sophia de Mello Breyner Urbano Tavares Rodrigues Vitorino Nemésio Alice Vieira Afonso Cruz
Doutores "Honoris Causa" Gustavo Villapalos Salas Xefes de Estado Teófilo Braga Jorge Sampaio Mário Soares Agostinho Neto, primeiro presidente de Angola Pedro Pires, presidente da República de Cabo Verde
Primeiros ministros Afonso Costa Marcello Caetano Adelino da Palma Carlos Mário Soares Francisco Sá Carneiro Francisco Pinto Balsemão José Manuel Durão Barroso Pedro Santana Lopes
Dirixentes de órganos internacionais Diogo Freitas do Amaral - expresidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas José Manuel Durão Barroso - expresidente da Comisión Europea Mário Centeno - expesidente do Eurogrupo
Notas
Véxase tamén
Universidade de Lisboa (1911-2013)
Ligazóns externas Sitio web da Universidade de Lisboa
Lisboa