A prometida (en ) é un filme británico-estadounidense de 1985 dirixido por Franc Roddam e escrito por Lloyd Fonvielle, baseado na novela de Mary Shelley, Frankenstein ou o moderno Prometeo. O filme está protagonizado por Sting, no papel do barón Charles Frankenstein, e Jennifer Beals como Eva, unha muller que crea da mesma maneira que o infame monstro. O filme, unha coprodución internacional entre o Reino Unido e os Estados Unidos, estreouse nos cinemas o 16 de agosto de 1985 a través de Columbia Pictures, conseguindo valoracións negativas da crítica. Foi un fracaso de recadación, conseguindo só 3,6 millóns de dólares.

Estreouse en galego o 15 de xullo de 1996 a través da TVG.

Personaxes

Sting como Barón Charles Frankenstein Jennifer Beals como Eva Clancy Brown como Viktor Geraldine Page como Mrs. Baumann David Rappaport como Rinaldo o anano Anthony Higgins como Clerval Alexei Sayle como Magar Veruschka von Lehndorff como Condesa Quentin Crisp como Dr. Zalhus Cary Elwes como Capitán Josef Schoden Phil Daniels como Bela Timothy Spall como Paulus Ken Campbell como Pedlar Guy Rolfe como Conde Tony Haygarth como dono da taberna

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Europa Categoría:Filmes ambientados en Budapest Categoría:Filmes de Frankenstein Categoría:Filmes de Columbia Pictures